PLAN DE DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE GALICIA 2013-2016: horizonte 2020

Os beneficiarios serán os pais, titores ou persoas acolledoras

Os pais poderán recibir unha axuda directa.
photo_camera Os pais poderán recibir unha axuda directa.

nnn   Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono coidado os  pais, titores ou as persoas acolledoras de neno menores de tres anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
• Ter unha nena ou un neno nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017.
• Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 euros ou os 13.500 euros per cápita. Para esto terase en conta a declaración do IRPF del 2014 respecto da anualidade del 2016 e de 2015 respecto da anualidade de 2017.
A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:
- Enfermidade do menor e imposibilidade de ser coidado polos membros da unidade familiar.
- Enfermidade da persoa coidadora habitual.
- Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
- Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do neno polos membros da unidade familiar.
Concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado (un máximo de 20 horas na anualidade 2016 e de 60 horas na anualidade 2017). 

contías
A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:
a) Renda per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 euros/hora.
b) Renda per cápita familiar superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 euros/hora.
c) Renda per cápita familiar superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 euros/hora.
d) Renda per cápita familiar superior a 10.000 euros e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites seguintes: menos de 45.000 euros ou de os 13.500 euros per cápita da suma da base impoñible xeral e da base impoñible del aforro: 7 euros/hora.
Este servicio estará disponible las 24 horas del día y los 365 días del año y no incluye la realización de tareas domésticas.
As  solicitudes están dispoñibles na páxina web da Xunta de Galicia, concretamente na guía de procedementos e servicios que se atopa na dirección: http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos así como en http://politicasocial.xunta.gal
Unha vez cumprimentadas e xunto coa documentación requerida (facturas orixinais dos gastos realizados, xustificación documental da situación puntual que da  dereito á percepción da axuda (xustificantes médicos, certificado de asistencia a entrevista de traballo ou curso, etcétera) dirixiranse a Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da provincia onde teña o seu domicilio a persona solicitante, ben por vía telemática ben en soporte papel. n

Te puede interesar