val miñor

O Ano do Conde rematou sen actos, sinalan os populares de Gondomar

Cartel na entrada a Gondomar polo aniversario do Conde.
photo_camera Cartel na entrada a Gondomar polo aniversario do Conde.

n n nA presidenta do Partido Popular de Gondomar acusou ao alcalde Paco Ferreira de enganar os veciños tras prometer que 2017 sería "o ano do Conde de Gondomar".  Neste senso, van presentar unha moción para debater no vindeiro pleno na que pide varias accións ó fin de recuperar a figura do Conde de Gondomar.
Na visita que fixeron en outubro do ano 2016 a Valladolid, lugar onde descansan os restos do Conde de Gondomar, tanto Ferreira como a concelleira de Cultura, Nuria Lameiro, prometeron un irmandamento en xuño con esta cidade, facendo coincidir  co día no que Felipe III nomeou como Conde de Gondomar a Diego Sarmiento de Acuña, "promesa non cumprida". Lembra a presidenta do PP de Gondomar que a primeiros de ano 2017 Paco Ferreira anunciou que estaba preparando diversos actos para celebralo. Entre estes destacaban: un acto institucional coa presencia de representantes de Valladolid e Toro; a creación dunha mesa de traballo, coa presenza do profesor Fernando Bartolomé, para preparar un programa de actos co apoio da Xunta e Deputación; ciclos de conferencias, culminado os actos coa publicación dun libro. Tamén anunciou que se puxera en contacto con diversas localidades vinculadas a Sarmiento de Acuña, e coa Casa Real. Incluso chegou a afirmar  que para conmemorar esta celebración o Concello de Gondomar colocaría na súa documentación oficial, o gravado do Conde que actualmente encóntrase custodiado na Biblioteca Nacional.
O 26 de xaneiro de 2017 o pleno da corporación municipal de Gondomar aprobou cos votos a favor de todos os grupos, a excepción de Gondomar Concello Aberto, que se abstivo, a declaración do 2017 como Ano do Conde de Gondomar.

Te puede interesar