vigo

“Os actores de ‘Sicixia’ están a competir con Brad Pitt e Penélope”

Ignacio Vilar (na foto con Morris) acudíu onte a proxección de “Sicixia”no Multicines Norte, para despois participar nun debate coloquio co público, onde expricou a esencia da película: amosar a Costa da Morte, dende o seu son, a súa paisaxe e a súa xente. O filme estase a proxectar en tódolos cines de Galicia e nas principais cidades de España.
photo_camera Ignacio Vilar (na foto con Morris) acudíu onte a proxección de “Sicixia”no Multicines Norte, para despois participar nun debate coloquio co público, onde expricou a esencia da película: amosar a Costa da Morte, dende o seu son, a súa paisaxe

Ignacio Vilar, director de “A Esmorga”, precisa que esta fin de semana se vaia a ver o seu novo filme para seguir na carteleira 

nnn “Sicixia”, a nova película de Ignacio Vilar, está a triunfar na primeira semana de proxección. “Prográmanos en tódolos cines de Galicia e nas principais cidades españolas, coincidindo ca estrea de grandes produccións;  Monti Castiñeiras y Marta Lado compiten con Brad Pitt e Penélope Cruz nas carteleiras”, sinalou Vilar con motivo da presentación oficial que onte tivo lugar nos Multicines Norte. “Esta fin de semana é clave, ten que ir moita xente á sala de cine para que nos manteñan na programación unha semana máis”.
Así, Ignacio Vilar tenta seguir a estela da súa anterior producción “A Esmorga”, que contra todo pronóstico dos distribuidores, mantívose en cartel quince semanas, un hito incluso para o cine dos grandes: “Só estivemos en Galicia porque non nos deixaron proxectala noutros lugares de España, aínda así chegou a ser a segunda película con maior recadación a nivel estatal; é algo que se debeu á complicidade dos espectadores galegos e polo boca a boca”, sinalou o director, quen recoñeceu que ese éxito abríulle portas a “Sicixia”, que acaba de pechar distribución en Francia.

francia sinte a costa da morte
Os esforzos da productora, Vía Láctea Filmes, e mesmo do director, Ignacio Vilar, multiplícanse agora na divulgación e promoción da película dentro y fora da terra. “Sempre digo que ir ver ‘Sicixia’ é vivir unha experiencia que nada ten que ver con pasar o tempo de lecer; propón una viaxe á Costa da Morte a través da pantalla, ao tempo que incita a que cada un a coñeza en persoa”. Así, vende Vilar a súa criatura, que chegou a conmover ao público francés. “Competíu en Toulouse e encheu dous preestreas en París; foi impresionante ver a reacción duns espectadores que non sabían nada desa paraxe e de súpeto ábrese ante eles”.
Inquedo, emocionado e satisfeito, Ignacio Vilar busca ás palabras para expresar o que significa para o cine galego ter chegado ata aquí e ficar. “Son tres anos de traballo para os que esta fin de semana é fundamental, xa que para a ponte da Constitución é onde se reservan as principais estreas”.
Logrou recoñecementos alá onde se proxectou, non embargante as proxeccións en Cee e Carballo foron para Vilar a proba definitiva: “Ao saír dixeron ‘Ignacio, esta é a banda sonora da Costa da Morte’; non preciso máis”, puntualiza.n

Te puede interesar