última actualización: 18:00
A educación física é necesaria, o feito de ter que argumentalo xa sobra. ¿Cómo queremos que a nosa xuventude faga deporte sabendo o que fai? ¿Cómo queremos que saiban o que implica comer un bollo no recreo? ¿Como van saber a necesidade de almorzar todos os días? ¿Terá algo que ver que en Finlandia, o país modelo en educación según o informe Pisa, fagan deporte todos os días todos os alumnos? Creo que estamos perdendo o norte.
Desde o sector da educación física e do movemento humano en xeral, é incoherente que por un lado se fagan campañas para concienciar a poboación da necesidade de facer deporte de forma autónoma e en alimentarse ben, e que por outro lado reduzan as horas da única asignatura do curriculum do noso sistema educativo que o pode transmitir. E todo iso ¡sen entrar na transmisión de valores como o respeto polos demais!, xogo limpo... actitude de autosuperación, posibilidade de mellorar o autoconcepto, crear hábitos de vida saudables... Os argumentos para manter e incluso aumentar o horario da educación física son máis e mellores que os que defenden o contrario. Señora conselleira rectifique... es de sabios.