última actualización: 18:00
A Asociación do Profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia (Asomúsica), alerta sobre a situación da súa materia no anteproxecto de ordenación do Bacharelato presentado pola Consellería de Educación e acude novamente ás mobilizacións convocadas para protestar contra este proxecto.
A xunta directiva desta asociación ve con preocupación o futuro da música, xa debilitado coa aprobación dos novos currículos de Primaria e Secundaria o pasado ano, e denuncia que se a consellería continúa adiante coa súa idea inicial, o ensino da música na etapa do Bacharelato podería chegar a converterse en algo anecdótico, sendo ofertada nun único curso como materia optativa. Por outra banda, a creación dunha vía de Artes Escénicas no Bacharelato Artístico non é garantía, según este colectivo, de que a asignatura chegue a tódalas localidades onde existe demanda real de ensino musical.