Cartas al director

DO QUE NUNCA INFORMARON SOBRE “LOS BUENOS VINOS”

Por qué  algúns productos sucedáneos conocidos como “buenos vinos”, levan o nome de Viño? ¿Por qué sendo productos industrializados non informan na etiqueta, dos axentes químicos cos que están feitos? ¡Será que non son tan “buenos” porque son sucedáneos, que legalmente non se poden chamar Viños!
¿Por qué nestes bebedizos químicos, coñecidos como “los buenos vinos”, se lle oculta no etiquetado os consumidores o dereito a saber o que beben? Moitos de estes aditivos crean unha forte adicción chocando con medicamentos recetados, ademáis de crear no degustador habitual, o síndrome de Kwok.
¿Qué é o síndrome de Kwok? É o “enganche” do corpo os saborizantes, aromatizantes, colorantes, estabilizantes, conservantes, edulcorantes, acidulantes, antioxidantes, antiespumantes, etc., incluídas as “Holandas”, cos que se fabrican “los  buenos vinos”
Non deixa de ser curioso os nomes que os “técnicos” lle dan as trapalladas que fan, para categorizar os sucedáneos que fabrican, como: 
Chatalizar: é o azucarado do viño durante a fermentación. É  prohíbido en España.
Coupage (cupax): é cando se mestura o  que non se vendeu no tempo,  cos productos feitos de novo. 
Holandas:  son o aporte añadido de auga e augardente. O compango sucedáneo que vai dar lugar ós novos e populares “buenos vinos”.
Vinos Mejorados (en boca o nariz): é a recuperación do viño medio estragado.
¿Qué son os sucedáneos? Son productos químicos moi baratos que no caso que estamos a tratar, asimilaron a palabra viño para sair o mercado. Ó non informar na etiqueta, facilita a venta e da pé a unha estratexia de grandes beneficios para a adega- laboratorio que vende toneladas, e tamén para o punto de venda que lle chega moi barato un producto químico co nome de viño. O único que perde e o degustador que queda “enganchado”, que lle sae moi caro, e ademáis de non saber o que bebe, paga todo, está contento e dase de entendido porque presume de beber un “buen vino”.
Non informar nas etiquetas, confunde e condena ó consumidor a beber o que lle boten. Anula o coñecimento dos productos nobles, é dificulta a saída o mercado dos productos artesanos, grazas os que fan a vista gorda con aquelo de “ti vai facendo”.
Ainda tratándose de productos fabricados con aditivos alimentarios legales, non deixa de ser falsificación o vender productos sucedáneos baixo a denominación de viño.
¿Qué é o viño? O viño é a consecuencia da fermentación espontanea da uva sin aporte de sustancias enolóxicas. É prohibido por lei vender baixo a denominación da palabra viño, outro producto distinto o resultante da fermentación das uvas.
Calqueira añadido durante ou despois da fermentación, sexan azucares, melazas ou materias saborizantes, colorantes, etc, constitue unha falsificación de alimentos prevista nas leises. Só poderan chamarse sucedáneos, ademáis de informar dos aditivos químicos nas etiquetas. Non se está en contra da industrialización, pero non se pode vender unha cousa por outra. Existen regras e a información, ten que estar clara no etiquetado para poder elexir.