Cartas al director

MISIÓN: SACAR AO PP DO GOBERNO

 Segundo as últimas enquisas de intención de voto en España, as conclusións son as seguintes: Nova caída do PP, baixa Unidos Podemos, Cidadáns segue case igual, sobe o PSOE e os demais na práctica como sempre.
En resumo a vida segue igual e a única posible alianza cunha maioría absoluta, é a do PP con Cidadáns.
Desde o meu humilde punto de vista e falando en prata estamos fodidos (perdón pola expresión) e o máis triste é que, si o PSOE agora mesmo presentase unha moción de censura, a esquerda gañaría sen problema. O problema é o de sempre, que uns a cambio do seu voto esixen unha cousa e outros outra, cando a realidade é marcarse un obxectivo común “sacar ao PP do Goberno”.
E unha cousa está moi clara, o pobo segue sufrindo mentres as súas señorías, non se poñen de acordo no obxectivo principal, como xa dixen e logo que falen e dialoguen todo o que queiran, pero vale xa de tanta demagoxia barata; a xente está farta e cada día máis desanimada e con menos ganas de ir votar. Razóns sobran, non hai máis que ver o cambio de rumbo de Podemos que ao final está pagando agora coa baixada na intención de voto e é que a loita entre Iñigo Errejón e Pablo Iglesias, pasou factura e total pra nada, xa que a nova política que está facendo Podemos é na práctica a que no seu día propuxo Errejón, que era un Podemos máis amable, é dicir “tender pontes”.
Doutra banda no PSOE aínda seguen divididos. Non todos por sorte, pero os partidarios de Susana Díaz máis radicais e obviamente egoístas non queren dar o brazo a torcer e parte da culpa por non dicir toda tena a señora Díaz , que non soubo ser sinceira e pensar en todos os españois , dando un discurso a tódolos seus afíns pra que o actual secretario do PSOE teña as mans libres e poida pactar con quen o considere oportuno para sacar a Rajoy do Goberno.
En canto aos demais grupos políticos, sobran as palabras , o mesmo obxectivo, sacar ao comandante en xefe e logo negociar.
Só queda un mes xa, para acabar o verán e entón chegará a volta ao colexio e acabásense os contratos do verán, o paro volverá subir, as pensións segundo o FMI, hai que conxelalas durante catro anos, cos que os xubilados e pensionistas, perderán un 8% do seu poder adquisitivo, os ricos serán máis ricos e os pobres non poderán selo máis como di unha canción do gran mestre cubano, Carlos Puebla.