Cartas al director

xa estamos en matrix?

Hoxe en día cando sae un de casa e para en calquera sitio, e non me refiro só a bares, cafeterías, restaurantes etc, o máis normal é ver a toda xente, desde mozas a adultos, co móbil na man e case nin se falan entre eles. É triste ver como nos absorben o cerebro esas pequenas maquinas, manipuladas polas grandes multinacionais, separadamente das redes sociais, que se teñen algún que outro pequeno beneficio para nós, os grandes beneficiados son os que as manexan e de está forma saben toda a nosa vida.
Cando vexo xente que un día si e outro tamén colgan fotos da súa vida privada, dáme a sensación do illada que está a xente e de que parece que vive nunha realidade virtual. Que triste!
Pero o máis preocupante é ver a nenos de menos de 10 anos que, co consentimento dos seus pais, xa teñen móbil e pásanse a maior parte do día e a noite chateando, ben sexa no Facebook, WhatsApp, Twitter etc.
Eu confeso que tamén teño móbil e ordenador, pero cando paro quédase no coche, o móbil, xa que me gusta falar coa xente e amigos, cousa pouco frecuente por desgraza.
As consecuencias de todo isto saltan á vista, a maioría da nosa mocidade esta en outro mundo e iso págano. Non hai máis que ver a porcentaxe de estudantes que se quedan no camiño e abandonan, coma se non chegase coa degradación que sufriu a educación durante estes anos que mal leva gobernado o PP, iso si grazas ao seu partido satélite (Cidadáns) e ao PSOE e que lle deu o goberno a cambio de nada veremos que pasa agora co novo secretario Pedro Sánchez, gustaríame pensar que algo vai cambiar.
Cada día que pasa a maioría da xente está máis farta dos políticos en xeral. É triste ver un parlamento cunha maioría de esquerdas e ter un goberno de dereitas, e aínda máis triste ver a corrupción que hai en moitos dos partidos políticos, xa que non só é o PP, e iso sabémolo todos os españolitos e españolitas. As diferenzas entre a esquerda, uns por uns motivos e outros por outros, está facendo ao pobo un gran dano. Cada día estamos moito máis indignados e desta forma chega un a pensar para que vou votar, se á fin e ao cabo a vida segue igual.
O que pasa no parlamento deste país de panderetas recórdame sempre á guerra civil, e é que, no bando republicano, as distintas faccións da esquerda non se puxeron de acordo nin para pegar tiros.