Cartas al director

Parece que en Galicia teremos PP para moito tempo

n  n  n A mal chamada esquerda nalgúns casos e noutros a división fan pronosticar un desastre nas próximas eleccións e é que a Mareas na práctica pasarán a ser marejadillas, dado os resultados das súas confluencias entre elas Podemos, as diferenzas que levan mostrando durante estes anos, os dedazos de Carmen Santos... E non esquezamos á concelleira de Cangas, Tania Castro, condenada por explotar a un traballador cuxa sentenza está nas redes e en internet (basta con buscar o seu nome). A cousa non queda aí, xa que o alcalde de Cangas, de Esquerda Unida, non a cesou e iso levo a un enfrontamento entre os distintos partidos que forman ACE/Son e que pasou directamente ás Mareas que representan aos Galegos e Galegas no Parlamento de Galicia.
A triste realidade é que non sabemos cantos partidos se presentan ás eleccións en Galicia, agás o BNG e o PSOE.
Ao final acabarán nun debate como nas anteriores onde dos catro que asistiron (PP-PSOE, Mareas E BNG),  sen dúbida os gañaadores foron a representante do BNG, Ana Pontón, e o PP de Alberto Nuñez Feijóo. Non hai máis que ver os resultados.
Pero pronto comezará a precampaña, se non comenzou xa, e o PSOE aínda non ten asumido que Pedro Sánchez é agora o presidente do Goberno; hai que recordar a guerra entre Susanistas e Sanchistas. Aí estaba o alclade de Vigo, apoiando á señora Díaz, que agora mesmo parece que forma parte da oposición no canto de apoiar ao seu compañeiro e é que aínda está resentida a muller (ten mal perder).
Por outra banda, teremos a Puidemos perdón Podemos, que en Galicia se vai a levar o gran batacazo. Imaxino que Cidadáns intentará sacar algo, cousa moi improbable, así como outros partidos que o único que fan é que os votos non sirvan para nada.
E acabo dicindo o que penso o Bloque Nacionalista Galego: é máis que probable que dobre os seus escanos, aínda que non cheguen para dar unha suma coa que poida gobernar a esquerda.