Cartas al director

S.O.S. en Cangas de O Morrazo

A maioría dos concellos e cidades de Galicia destinan algunha subvención ao deporte en xeral, ¿qué pasa en Cangas?, será que faltan ideas, porque entre os nosos concelleiros teñen títulos a moreas, dende catedráticos a mestres de escola; penso que deberían tomar exemplo do municipio de Bueu, onde o Auditorio Municipal funciona sen parar con todo tipo de eventos culturais (non só teatro que lle gusta tanto de noso alcalde e pasou toda a súa vida preso no mesmo). En Bueu cando chega o entroido fanse concursos de Comparsas, dos que, toda a recadación vai ao Athletic Club de Balonmán, tamén concertos e xa, o máis ca famoso FIC, triunfando cada ano e fai que sexa coñecido en todo o mundo, a continuación, no verán como un exemplo a imitar o famoso SonriasBaixas, aínda que Festival Intercéltico de Moaña non se queda atrás.
Na cidade de Vigo, que goberna o Sr Caballero (amigo íntimo del Alcalde de Cangas sr Pazos), o Concello traballa con tódolos deportes e, obviamente, as escolas deportivas, no sómente de fútbol, senón tamén: baloncesto, voleibol, balonmán etc. Nada a ver se comezan a espertar e activar os señores neuronas; os polític@s deste noso pobo, Cangas está quedando atrás mentres Moaña Bueu e medran en tódolos aspectos. E fundamental apoiar o deporte e deste xeito axudar aos nosos mozos/as a desconectar de Mátrix,  ou realidade virtual.