Cartas al director

Elecciones 2019

Se despois de catro longos anos , estamos outra vez de volta en Eleccións, en fin iso como é obvio quere dicir que voltaeemos ver aos políticos/ as, de novo pedir e voto cada un para o seu respectivo partido, e nalgúns casos ata a saciedade, a moitos que despois de gañar as pasadas e situarse no goberno dalgún concello, non se lle viu máis de media ducia de veces nestes catro anos por algunha parroquia, como é o caso da de Hío, obviamente refírome ao Alcalde de Cangas.
Sinceramente non entendo que terá este home na cabeza, xa que, en catro anos se nos paramos a analizar os que se fixo en Cangas, é nada de nada agás o Megapaso de peóns e Teatro iso si non só no Auditorio Municipal, xa que este home vive nun escenario e aínda non se decatou de que é alcalde de Cangas; por outra banda dicir que o P.X.O.M, (Plan Xeral de Ordenación Municipal) segue sen facerse e xa imos para (vx anos) sen o mesmo e gastado máis de 600.000 euros, para nada, as beirarrúas prometidas desde o Viso ata Hío aínda sen facer, e as randeeiras do parque infantil de Vilariño sen arranxar e menos mal que despois de dous anos por fin rematouse de facer o aparcadoiro na zona do Igrexario onde está o famoso Cruceiro de Hío. Estes días andan xa as maquinas poñendo parches ás estradas por todos lados, mesmo ata arranxan as luces e de sitios que levan máis dun ano ás escuras como Herbello, aínda que quizais una das maiores preocupacións que tivemos os veciños/ as de Hió e Aldán, foi a gran cantidade de verteduras de augas fecais e que aínda están sen resolver, por parte da Concelleira de Medio Ambiente, a militante de Podemos e curmá do sr Alcalde Tania Castro, que parece estar desaparecida en combate, seguramente buscando adeptos para formar un partido aparte, xa que en Ace/Son, está claro que non estará, non hai máis que ver as rifas que tivo durante toda a lexislatura con todos os compañeiros, mesmo con algúns doutros que forman o actual TRIPARTITO deste pobo. Moi pronto virán todos, os que estiveron Gobernando e os que están na oposición, a pedir o voto, promesas haberá iso seguro, pero xa sabe sabe “do dito ao feito hai un gran treito”. Acabo facendo unha pequena observación, Cangas ata agora era a capital do Morrazo, pero vendo a Bueu e a Moaña, penso que perdemos a Capital, así o vexo eu.