Cartas al director

O CONGRESO DOS DEPUTADOS "UN CACHONDEO"

 Para empezar o ( sr ? )Rafael Hernando Fraile un hooligan no Congreso, é de pena ver a este home insultar a uns e outros con total impunidade, ao final está claro que, pola boca morre o peixe; o máis patético é que agora que por fin temos un Goberno de esquerdas (polo menos en teoría), a maioría dos grupos que forman o parte dos que apoiaron a moción de censura, censuran ao propio Goberno ao que apoiaron.
Teño que confesar que para min, os políticos, son unha pandilla de mentireiros e non merecen o mínimo respecto pola miña banda, malia votar nunha ocasión ao sr González, si ese que agora vive a gran vida, grazas ás «portas xiratorias», iso si aquí non se sálva nin o apuntador, que triste ver como todos/as din onde dixen digo, agora digo diego e non pasa nada .
Pero imos ao gran, mentres a maioría dos medios de comunicación están centrados en que si o sr tal, fai moitos anos plaxiou unhas frases, que si faltan unhas comillas nun parrafo e así pasan o tempo as súas señorías e gañan o soldo, pobres, teñen que estar esgotados.
O máis triste de todo para min e para moita xente, foi a actitude do sr Pablo Iglesias , moita xente viu en Podemos unha esperanza, que ben falaba Pablito e ao final como todos, como dicimos na miña terra, polo pan baila ou can. Mentres a Sra Arrimadas segue fiel ao que diga o sr Rivera, só lle fálta ter de nome, José Antonio, miúda peza.
Agora si, pero que pasa en Cataluña seguimos co mesmo tódolos días, cunha estraña alianza gobernando, nunca pensei que a CUP apoiaría á dereita, aínda que iso xa non é relevante, a miña preocupación é que pasou coa corrupción dos Puyoles? xa non se fala nada dese tema, o motivo pode ser o que dixo papa Puyol si caio eu, coidado que caerán moitos máis, imaxino que algún día saberemos o que este mafioso sabe e con iso ten atados á maioría dos políticos e ata é moi posible que algúns membros da Casa Real.
Acabo dicindo algo que só un robot non entendería e esta máis claro que a auga, a sociedade catalana está fracturada e moitas familias están sufrindo, mentres o novo Che Guevara, así o denominou non recordo quen, refírome ao ex presidente Carles Puigdemont, segue dándose a gran vida, está claro que é un cobarde, deixou aos seus compañeiros tirados no cárcere e puxo outro 
monicreque no lugar, ao que manexa desde a distancia.