Cartas al director

A burocracia tenebrosa

 Non lembro exactamente cantos anos tiña ,aínda que a 12 non chegaba , diso  estou seguro ; cando na  casa do meu querido amigo e veciño Xosé Marcelino ( sobre o ano 1972 , aínda en pleno Franquismo ) Pepe así lle chamaba eu era unha das persoas máis cultas e a súa casa era unha auténtica Biblioteca , alí entre centos de libros , atopeime con este “ A Burocracia Tenebrosa " , que chamou a miña atención ao instante ,xa que era un libro de viñetas e sendo un neno ,era o máis normal , aínda que durante o tempo que fomos veciños puiden ler bos libros . A verdade é que a estaban as mellores viñetas que aínda hoxe en día lembro perfectamente e de coñecidos debuxantes de cómics ,cada folla era unha viñeta que expresaba a situación real que , naquel momento vivíase en España , quizais era a única forma de expresar as ideas sen que a censura ,actuase como sabemos a maioría dos que nacemos durante a década dos anos 60, 70 e mesmo os 80 . A verdade é que as viñetas dese libro fixéronme espertar e con axuda do meu amigo , ao que bombardeaba constantemente con preguntas de todo o que eu non lograba comprender e que , con toda a paciencia do mundo explicábame , foi por dicilo dalgunha xeito , o meu profesor clandestino naqueles anos , que aínda recordo vagamente mesmo izaban a bandeira Española e os nenos e nenas , formaban ante a mesma cantando o himno español , aínda había entre os profesores algún que outro Falanxista e entre as profesoras algunha quedaba da antiga Sección Feminina , a min tocoume un ano , penso que foi o último no 1972/73 e a maioría do profesorado , acordou nun claustro deixar estas practicas , que ninguén botou de menos nin sequera os que en principio puxérona , eu penso que o fixeron por medo e non porque comulgasen con esa forma de adoutrinar aos alumnos , iso foi no hoxe chamado “ Colexio Publico de Espiñeira de Aldán ” no concello de Cangas do Morrazo. E que hai un ano a Xunta de Galicia estivo a piques de pechar por falta de alumnos , triste pero certo e non é porque non haxa nenos , xa que os outros Colexios Públicos de Cangas , funcionan perfectamente , pero aquí moita xente que di ser de esquerda e énchese a boca pedindo educación publica e de calidade , levan aos seus fillos a Colexios privados e outros que piden Sanidade Publica !XA ! , están nunha Mutua , sobre todo algúns cabecillas que, ocupan postos de certa relevancia en institucións públicas , aínda hai pouco máis de dous de meses , un deles operouse por MUFACE e non agardou , nin un mes , mentres os mortais como é o meu caso ,tiven que esperar case un ano para poder facelo ; en fin así que , como di o refrán , predica fillo predica , que , por un oido éntrame e polo outro me sae ( palabras ao vento ). O que hai que facer é predicar co exemplo , pero diso …