Cartas al director

policía autonómica

 Estou a favor da creación dunha policía autonómica e de que a Xunta de Galicia asuma as competencias penitenciarias, para afortalar o noso autogoberno e porque non hai dereito a que expulsen a un aspirante a garda civil por sentirse só galego e non español, a que nos repriman, acosen ou intimiden -máis ou menos sutilmente- por falar ou escribir en galego, por defender a cultura galega, por sermos nacionalistas, por asociármonos, por pedir as competencias ou por querer o mellor para o noso país: Galiza. Se fósemos desleigados ou fascistas non teríamos ningún problema, pero sermos nacionalistas ou galeguistas está mal visto e reprímese entre os civís e moi duramente entre os militares. Eu, afortunadamente, son civil e podo dicir que este Estado -e especialmente este goberno do PP- nos oprime por sentírmonos galegos; vulnera os nosos dereitos lingüísticos, incumprindo a legalidade vixente nesta materia, que estabrece que os impresos e os programas informáticos en Galiza han de estar dispoñibles en galego. Fomentan o autoritarisnmo e o rigor innecesario. Escollen mandos sen talante democrático...