Cartas al director

revólveme o estómago

 Como galego que son, tanto ou máis que a Julia Otero, tan galego como Serrat catalán, non alcanzo a comprender como eses mal chamados políticos cataláns son capaces de que un conflito co Estado español estean a convertelo nun problema de difícil solución, do mesmo xeito que non alcanzo a comprender como o señor presidente do Estado español non tomou as medidas necesarias hai meses para evitalo e esperou a tomar medidas a véspera da data da fantochada antidemocrática do Parlamento de Cataluña.
Só hai unha solución e ten que ser si ou si política. Non podo imaxinar outro escenario en España, en Cataluña, que político, non podería comprender outra solución. Pero para iso todos os españois habemos de comprender as singularidades dos pobos, de todos os pobos que forman o Estado español.
Pero xa o que me revolve o estómago é a aparición dun cartaz onde se reflicte un tal Otegi, asasino de galegos (entre outros Humberto Fouz, Fernando Quiroga, Jorge García, José Antonio Pardines Arcay e 63 galegos máis,  xefe mafioso extorsionador vasco, e para mais inri nese cartel aparece a palabra Galiza e textos en galego, exaltando un xefe da delincuencia e o terror doutro país, como adalid da democracia. Non alcanzo a entender a que mente abxecta pódeselle ocorrer relacionar ese individuo coa miña Galiza, a nosa Galiza, co meu pobo, o noso pobo, cos meus concidadáns, con todos os galegos, cos meus mortos, cos nosos mortos. Ese individuo por moito que lles pese algúns políticos mal chamados galeguistas non ten cabida na santa compaña non, non, non. Xamáis camiñará connosco.