Cartas al director

A explosión da pirotecnia

Na honra de todas as vítimas de pirotecnias en Galicia.
Fai uns días, non moitos, mentres estaba botándolle unha ollada as montañas dos arredores, puiden ouvir na radio que non moi lonxe da miña localidade, a uns 80 kilómetros, nunha pirotecnia ilegal houbera unha explosión e levara por diante uns setecentos metros de vivendas e provocara inmensos danos moito máis ala desa franxa, traendo consigo a morte de dúas persoas. 
Unha verdadeira masacre que, unha vez máis, ao igual que os atentados, as guerras e todos aqueles actos maliciosos que dependen da actividade do home, deixan un panorama desolador e con moitas horas de traballo para volvelo converter no mesmo que era. 
E con isto, na miña mente, queda o seguinte obxecto de reflexión: “Non pensades que o home, por si mesmo, está destruíndo todo aquilo que recibimos da nosa nai a natureza e, por suposto todo aquilo que os nosos antecesores construíndo coa finalidade de que nós, os seus fillos, o gozaramos”.
Pero, meus benqueridos amigos e amigas, como di un veciño meu: “Estaba de ser así, e foi así”.