Cartas al director

soberanía nacional

 O sistema é de por si asimilador, asimílase o idioma, pero eso si a soberanía nacional de Galiza, iso non se asimila, e vou dicer por qué: A soberanía nacional de Galiza, conlevaría reindustrializar a nación de diferente maneira a como está hoxe por hoxe, e facerlle frente a propia dependencia central co Estado español. A que o sector leiteiro poida viver dignamente, a que o seitor naval se recupere e non pase as penurias dunha colonización vergonzante, a que a pesca se faga dunha forma racional e sen perxudicar os propios mariñeiros, ete.
A autoorganización leva parello coa nación galega, ós propios colectivos sociais, asociacións e frente e masas, que lle contestan ao sistema imposto.
E vocabulario de PSG-PSOE, e tamén do Partido Popular: monitorizar todo para que os cidadáns non entendan o frente político que os conduza e sexa referente gamallo (céltico).
Menospreciar a loita de clase, e feito continuo do sistema capitalista e prepotente coa cultura, co idioma do país, en fin, coa propia terra asoballada polo españolismo, como tamén o é, non recoñecer a autodeterminación dos povos; góstame dicer que é un afán loitar pola clase traballadora, explotada, maltratada tanto nas mulleres como nos homes. E por encima córtase a liberdade de expresión, etc., coa lei mordaza; entón xa cumprín con estas liñas escritas para ben da Nosa Terra.