Cartas al director

Resposta a unha carta de discriminación

Desde a Asociación Galega para a Saúde Sexual queremos facer público o  noso compromiso coa diversidade, coa educación sexual, cos dereitos das  persoas  LGTBQI e co feminismo. 
En Agasex levamos traballando na defensa dos dereitos sexuais e dereitos  reprodutivos desde o ano 1991 no ámbito autonómico de Galicia e  colaborando con todo tipo de organismos públicos, institucións,  entidades e asociacións, centros educativos, loitando por unha igualdade  real de todas as persoas e respetando o dereito a súa intimidade sen  inmiscirnos na súa orientación, nin identidade sexual.  
Queremos expresar tamén que todo o concernente á licitación recente  sobre o servizo denominado Espazo Diverso é pública e pódese consultar  tanto na web do perfil do contratante do Concello da Coruña como a web  do Tribunal administrativo de Contratación Pública da Xunta de Galicia,  onde se atopa á disposición da cidadanía, a resolución á alegación  presentada por esta entidade.  
Tamén queremos dicir que seguiremos realizando o noso traballo co alto  compromiso ético e técnico que sempre nos esiximos.