Cartas al director

Pobre ignorante

Eu non sabía que estas e aquelas leis tamén se referían a min. Eu non sabía que era eu o que estaba trabucado ao conducir ao revés dos demais. Eu non sabía que non podía botar man das cousas sen máis. Eu non sabía que aínda dende detrás da mesa oficial tiña que render contas e dar explicacións. Eu non sabía que os que non estaban comigo tamén tiñan a necesidade de comer. Eu non sabía que o parado quería traballar. Eu non sabía que a conveniencia e os meus intereses non formaban parte da política. Eu non sabía que cos votos non se podían facer negocios. Eu non sabía que os meus privilexios tiñan límite.
 Eu non sabía que os coches do meu garaxe entraban de lado pero saían de cara. Eu non sabía que non podía usar ao meu antollo os aforros depositados polos meus clientes nas miñas caixas fortificadas. Eu non sabía que os ceros sumaran tanto nin que chegaran a ter a importancia que din que teñen. Eu non sabía que dende a miña posición tamén era delito meter a man en peto alleo.
Eu non sabía que aínda sendo elixido estaba xestionando o secuestro da democracia. Eu non sabía que pegarlle a calquera muller era algo detestable. E aínda menos á miña.