Cartas al director

non lles quedaba outra

 Non teño ningunha dúbida. Ningunha. Nin a máis mínima. De que o goberno actual deste noso país galego, do mesmo xeito que amosou a súa disposición de meterlle man ao proceder de Fenosa durante este pasado temporal, do mesmo xeito, insisto, se atopase maneira de deixalo pasar, deixaríao pasar. Que aconteceu, entón? Pois aconteceu que algunhas cousas son difíciles de agochar. 
E cando iso ocorre, pois non fica máis fuxida que a de dar a cara. Aínda que, iso si, veremos en que e como queda todo. E o mesmo se podería dicir dalgúns medios de comunicación. O mesmo. Absolutamente.