Cartas al director

ánxel lemos, inolvidable pintor

Soñaba con ser actor. Cando tiña 14 anos subiu con catro patacons procedentes da Rondalla o tren en Redondela na compaña de Ignacio Ramonet, con destino a Paris. En León apeáronse para visitar Museos, non tardando en ser sorprendidos pola policia, mais como eran bos rapaces, regresaron sen escolta e o chegar a Vila dos Viaductos, todo pobo agardaba cantando
"Tambien tenemos artistas  en esta ciudad, en esta ciudad/ Que eran turistas/ Y ahora están de vuelta en el miedo".
Aos 17 embarcou en Vigo como polizón rumbo a America. Foi detido en Portugal e de novo tivo que regresar a cidade da oliveira.
Reclutado no bando franquista, no inicio da guerra civil, en Toledo, logrou pasar ao exercito republicano e dos campos da contienda pasa a tres de concentración, dos que logra fuxir  nun camión.
Viviu escondido durante un tempo ata entregarse en Ferrol. Preso durante tres anos, no castelo de San Felipe, adicándose a orfebrería e talla de madeira, sendo desa época, unha peza da Virxe do Carmo.
Cuando se viu libre, incorpórase como modelista a empresa Sancy. En 1947 realiza en Vigo a  primeira exposición e obten duas medallas de ouro en certames de grabado e pintura, respectivamente.
En 1950 no Porto de Vigo, entra nun barco e como polizón logra establecerse en Bos Aires, non regresando ata a morte de Franco.
Establecese en Palma de Mallorca en 1977, traballa para un marchante, realiza unha mostra na Galería 19, a única no arquipiélago e ilustra a historia balear con debuxos a pluma.
En 1986 establecese  en A Estrada. Foi no 1992 cando o cronista coñece a Ánxel Lemos, no taller do fillo, Xavier Lemos, tamen pintor na cidade de Vigo e  alen de compartir exposicións en diversas salas, Xentes, El Rincón de los Artistas, participa en conversas con Laxeiro, o tallista Sesé Fernández de Redondela, entre outros personaxes da súa época e igualmente en  tertulias na súa casa de A Estrada o carón de Viviana Geddo, sua muller e outros espazos da Comarca do Deza, onde deixara a sua pegada como artista.
O último cadro que lle vin pintar foi aquel nos que aparecían todos os seus amigos reunidos no Café  Xentes na Rua do Areal.
Se vivira, no pasado 1 de marzo cumpríría, 100 anos.