Cartas al director

Carta aberta a Núñez Feijóo

Ante a súa preocupación sobre as condicións laborais dos/as traballadores/as de Opel (Figueruelas) e PSA (Vigo), coma Galego, Traballador e Representante Sindical manifestarlle que:
1) Non e a miña intención coartarlle o dereito a facer publico diante dos medios de comunicación a súa política anti social, se non lembrarlle que, toda opinión, e máxime a dun Presidente Galego, debe estar fundada no coñecemento.
2) Digo isto porque me resulta, non sorprendente pero si dramático, que fale agora das condicións dos/as traballadores/as de PSA Vigo cando todas as súas visitas a Fabrica solo e para saír nas fotos. Esas onde os/as de buzo non saimos por moverse debido aos ritmos de traballo.
3) Onde esta ese deber para cos/as que cruzamos eses tornos e afrontamos eses postos que, co noso suor...
...Levemos un salario que non cobren as necesidades básicas dun fogar ...Non poidamos planificar un fin de semana coa nosa familia.
...Se nos desprofesionaliza pola nosa ideoloxía ... Que sabe vostede dos que aquí traballamos.
Vostede nada sabe nin nada ten en común cos/as traballadores/as. Vostede o que ten en común e cos Patróns... ambos se dedican a recortar dereitos e servizos públicos.
Cando desexe opinar dos/as traballadores/as e as súas condicións aproveite a súa visita... que por seguro fará nas vindeiras eleccións políticas.... e manche as mans. Xa sabe, mans sucias diñeiro limpo.
Ao meu entender, a base principal dun Pais é a Economía e os investimentos en I+D+i. Non nos recortes económicos e sociais dos/as traballadores/as.
Sr. Núñez Feijóo. Como Presidente da Xunta de Galiza o convido a que se documente. E si non pode mellorar...No futuro abstéñase de “lastimar” o silencio.