Cartas al director

educar na non violencia

O caso de EEUU é paradigmático. A contumaz reiteración de episodios de violencia contra cidadáns  pacíficos e indefensos  ( sobre todo estudantes),  debería  suscitar unha búsqueda de explicacións que de momento  a sociedade americana e os seus responsables políticos non queren ou non saben atopar.  O sucedido en  Roseburg  é unha  area  máis na inxente duna que supón os milleiros de mortes por armas de fogo nese país: máis de 300.000 nun período de 10 anos
Parece obvio que (loucuras, depresións ou búsqueda de notoriedade aparte) algunhas das causas fundamentais de tal comportamento  radican na ausencia dunha  verdadeira  liña educativa  baseada na non violencia, na educación nos valores da convivencia pacífica. Se a esto  lle engadimos outros aspectos relacionados como a valoración excesiva  das ideas de forza, valor e poder por enriba de todo, así como a permisividade para mercar, portar ou disparar armas, atopámonos co caldo de cultivo excelente para tales comportamentos.
A insensibilidade  que ante tales atrocidades  amosa a meirande parte da sociedade norteamericana debería facer reflexionar aos seus dirixentes e educadores para que o esperpento  non se perpetúe indefinidamente. Cando a liberdade individual está  por enriba de todo, as consecuencias que delo se derivan son moi previsibles e non precisamente  positivas.