Cartas al director

Non penses coa cabicha!

 Estes días estannos a bombardear na prensa e pola rúa cunha campaña relacionada coas cabichas. E eu penso se iso está programado para concienciar ós fumadores ou para gastar uns cartos en publicidade. Digo isto porque o outro día tiven que ir á nova Residencia Sanitaria a visitar a un familiar e cal non sería a miña sorpresa cando ó estar chegando á entrada da mesma me atopo cunha cantidade de cabichas no chau que me impresionou. 
Ante isto, a miña pregunta é a seguinte:  a ninguén (arquitecto, aparellador, político, ou autoridade sanitaria, paisaxista, ...) se lle ocorriu poñer á entrada uns aparatos/cabicheiras para que tódolos fumadores poidan apagar e deposita-lo seu cigarro? 
Ningunha persoa con capacidade necesaria  para decidir ou para poñer en coñecemento desta, ve o espectáculo que ofrecen todas esas cabichas espalladas polo chan? De verdadeira vergoña.
Espero que alguén tome nota e se faga algo para evitalo.