Cartas al director

O FIASCO MISERABLE DA PAGA EXTRA DE DECEMBRO DE 2012

n  n  n A Xunta de Galicia, na súa liña demagóxica, nos vén a “sorprender” a través da Conselleira de Facenda Ethel Vázquez co solemne anuncio, o día 13 de novembro en sede parlamentaria, de que a Administración de Galicia pagará aos traballadores e traballadoras dependentes da Xunta de Galicia a metade da paga extra devengada de decembro de 2012. Abonarase o 50% en xaneiro de 2015 e a outra metade, en xaneiro de 2016.
Con respecto a este anuncio FETE-UGT de Galicia, que xa reclamara a cantidade devengada nos tribunais de xustiza, sabendo que hai sentenzas que condenan á Xunta a pagar a parte proporcional correspondente dende o 01 de xuño ata o 14 de xullo de 2012 (parte devengada), esixira á conselleira unha negociación para o pago desta cantidade. A conselleira en decembro de 2013 e na mesa de empregados públicos manifestou que non habería negociación ata o pronunciamento do Tribunal Constitucional, que segundo informacións que ela tiña sería antes do mes de abril de 2014.
Agora trata de “vendernos” con fins electoralistas, o abono dunha parte que consideramos insuficiente e miserable. Discrimínanos negativamente con respecto aos traballadores e traballadoras da AGE (administración xeral do Estado) que segundo anuncio do ministro de Facenda cobrarán toda a parte devengada en xaneiro de 2015.
Dende maio de 2010 o persoal que presta servizos nas administracións públicas está sendo maltratado nas súas condicións laborais e nas súas retribucións de forma continuada e agresiva. A perda de poder adquisitivo nos últimos anos alcanza niveis de ata un 30% e as pagas extras sufriron recortes que acadan o 40% da cantidade que se percibía no 2008.
FETE-UGT de Galicia insta á Xunta de Galicia para que deixe de debilitar o servizo público e restableza as condicións retributivas e laborais do persoal das administración públicas.