Cartas al director

felicitación ó socorrista de teis

O día 1 de marzo sobre as 10,30 na piscina de Teis, o socorrista F. Javier Casado tivo que tirarse a piscina para poder salvar a vida dun usuario que xacía no fondo do vaso. A rápida intervención de Javier, fixo que o puxera a salvo e que durante 20 minutos, longo tempo, estivera facendo reanimación cardio pulmonar ata a chegada da ambulancia. Logo enterámonos que o usuario, xa no Hospital, atopábase ben e que salía desta. Como usuario da piscina de Teis, síntome moi coidado e protexido gracias a labor profesional levada a cabo non so por Javier, senón tamén por Xurxo, Felipe, Sonia, etc, e a todos os socorristas que están tódolos días pendentes de que non ocurra unha desgracia inevitable. Moitos parabén aos socorristas pola inestimable labor que levan a cabo. Engadir que estaría moi ben que en tódalas instalacións deportivas existira unha máquina desfibriladora para podela empregrar cando se necesiten.