Cartas al director

Virxe da Franqueira

 A ti,Virxe da Franqueira,
achegámonos os teus  filliños,
sedentos, queremos beber na túa fonte a auga fresca
e deixarche no teu altar as nosas ofrendas.

Cando anoitece, cando as bágoas anublan o noso ollar,
cando a dor nos oprime e o sol non brila,
ti apegas amor nas nosas   vidas, 
coses con fío de tenrura os nosos corazóns malferidos.

Milleiros de romeiros camiñan baixo a túa imaxe,
ti es testemuña das nosas humanidades doentes,
de ausencias adoecidas, de anceios  ferventes.
Ti nos envolves co teu manto e nos arrulas no teu colo;
nas túas mans pomos as nosas vidas, as pesadumes e os traballos,
as nosas pregarias e os nosos cantares  xubilosos.

Nas nosas vidas vertes duzuras,
e inflamas o noso peito en amor acendido, 
o teu agarimo difumina as nosas almas
e nos promete a serea calma dun mundo mellor.

Aínda que a pureza dos teus ollos mira as nosas miserias,
ti es luz que alegra, alento que nos deixa respirar,
ti es a man que nos ergue do chan, a graza da paz no perdón;
Naiciña santa, na vida e na norte, ti es a nosa esperanza.