Cartas al director

Denuncie no Parlamento

Fai uns días D. Abel Losada, nun xornal publicou  un artigo no que xulga a propaganda do PP, "regada con dinero público", di él. Este sr., todos seus comentarios no xornal, e son moitos, (vexan hemerotecas), soio e exclusivamente van encamiñadas contra ese partido; calquer tema, suceso ou problema que trate, a culpa sempre é do PP.
En ese artigo, pregunta canto achega a Xunta a nova depuradora, "nada, la pagamos los vigueses" di él, vd. que pretende que a pague eu, e os que non viven en Vigo; continua "vivienda pública, nada y encima en Navia un intento de cementar zona verde, que afortunadamente detuvo el Concello", pero non dí os moitos  atrancos que ises horrendos mamotretos sin ética nin estética, seu amoreamento carrexa problemas de auga, basura, aparcamento etc. Deus nos libre de un fogo. En canto a Gran Vía "habrá casi el triple de árboles" pero, cinta transbordadora, árbores e humanización, ¿queda zona peonil? sigue, novo Hospital di  "privado, pagamos un cánon estratosférico", quen ¿vd.? "quitan población y se la llevan a Santiago" non o entendo, non di vd. "las listas de espera insoportables y escasez de personal" pois aínda que si non chegan levala!!
Y "la educación" ahí tírame contra as cordas, eu pensei que falaba dos atrancos e lagoas por as que atravesa o Bacherelato e esto do ensino, e resulta que, pra Vd. e problema é as cubertas dos patios dos colexios. Podía que a Xunta non poña un can, e como di gañe cartos a nosa conta, pero como diría o edil de marras "Vd. no está legitimado para decir o hablar de eso". Vostede forma parte de ese complexo aparato por o que se rixe o Goberno autonómico e "democrático" do pobo galego. Como deputado está na obriga de traballar e defender a todos os galegos e non soio os de Vigo, pra eso cobran e pra eso lles pagamos. Sigue falando de Teis, tráfico pesado inaturábel e abafante; do Aeroporto, que di sen axudas, e soio co achego do Concello, pero engadindo "líder en crecimento" fala da Cidade da Xustiza "jugarreta de trileros, por ser la última en  construir" queixándose de que fixeron primeiro as de Santiago, Pontevedra, Coruña e Ourense, non veto a outros concellos pra faguer campos de fútbol ou centros comerciais; pero vostede non se decata de dar sensación de xenofobia, aínda que en realidade esto non e máis que gabanza e incenso o Alcalde amén de espallalo o pesoismo que non socialismo. Como deputado, ¿por qué non denuncia todo esto no Parlamento de Galiza, alí e onde se oita, alce sua verba, fágalles ver o trabucados que están, dígalle que Balaídos vai adiante gracias os cartos do concello, engadindo que a Biblioteca, que Vigo non ten, pode esperar, non corre presa; pero déixese de tanta demagoxia barata, "recuerde que en Vigo el tiempo de las noticias falsas ya ha pasado" aplíquese o conto.