Cartas al director

De Reis e Cabalgatas (I)

Din que hay unha teima ou querencia a voltar, as boas e antergas costumes, en  outras, nas que, por sua modernidade nada teñen que ver con aquelas, e tanto estas como outras de importazón terxiversan ou entrampallan trocando, cse sempre o bo en malo. O peor de todo esto e a facilidade das xentes, que seu pasotismo e iñorancia fai que aferrolle deseguida, toda a parte mala que estas novas costumes traen aparelladas. Pola contra ningunha de estas novas acolle a parte boa ou proveitosa das antergas.
As Cabalgatas de Reis de estos últimos anos son un bo exemplo, recuncan os males das pasadas, xunguindo a estas modernidades, baldrocadas, sen gracia e fora de tono, ¿recordan en vez de Reis e Raiñas?, a estupidez voltou esta festa, en unha imitanza e borda charlotada, onde os mais perxudicados son os nenos. Vestín non unha sinon varias veces de Rey Mago, dende un principio dinme conta de que a mesturanza de pasmo, temor, ilusión, risa e ansiedade, somente a faciana de un picariño a pode reflexar, por o que sairse do compromiso e serio papel que o Rei Mago ten en ese momento, trastocalo ou desaxeitalo, sollo obedece a un ego de campar ben ante os demáis, iñorando él, os organizadores e demais parafernalia, todo o que esta festividade ten de ensino. E digo esto, porque tamén e compartido por algunha Tele e locutor ou locutora, que, sen percurarse de máis nada, meten a pata, por seu total descoñecemento.
Vexan exempros acaecidos en esta derradeira. Achegase o Rei Gaspar o micrófono para saudar a leer un pregón, non foi posible escoitalo, suas verbas quedaban afogadas por as da locutora no seu anceio de explicalo todo. En outra Cabalgata e en outra cidade, Alcalde e demáis Autoridades esperando os Reis para darlles a benvida. Moi cerca de eles un Belén vivente de meniños.
A Virxe co seu naipelo no colo e pastores o redor, chega o Rei Melchor, non fixo mais que poñer pé en terra, e a locutora espetalle o micro nos fuciños o Rei e principia a enquisa, que por educación a súa maxestade vai contestando, as autoridades que esperen, namentras moi decontado, e con grande pompa e suntuosidade entra o Rei Gaspar, baixa da carroza, moi lixeiro sauda o Alcalde; sen máis a locutora interrompe os saudos pregándolle o Alcalde uns segundos mais de espera, deseguido alonxando a El Rey volta as manidas preguntas; loco, e mentras non chega o terceiro, dirixese o Belén vivente faguendolle preguntas como ¿ti eres a Virxe María, non sí? ¿e que Rei che gusta máis? A meniña inocente, “Baltasar”, ela dille “claro porque e o Rei negro non? Parvas verbas, e non o digo por cortas senon por lerdas, e grazas a chegada do terceiro non as importunou mais, pois deseguido asaltou o moreno Baltasar, éste saiu da carroza con moita ledicia e xúbilo, bracesando cara o pobo e dereito a locutor que xa estaba o seu carón, principiaron unha conversa, que ela por lucirse e él porque nunca se vira noutra, esqueceuse do saudo as autoridades, o Neno Jesús e hasta de él mesmo como Rei Baltasar, de tal maneira que, cando a loucura lle preguntan se fora fácil atopar o camiño hasta esta cidade, él respostou "pues claro que si, yo vivo aquí". Quiten conclusións.
Decía o principio a teima das xentes de trocar o bo en malo ou ao revés. As Cabalgatas nos anos do franquismo, os encarregados de faguela viñan sendo os da Fronte de Xuventudes, tiñan sua parte boa, pois cinguianse o mais tradizoal; e a parte mala, o pregón, seu contido viña sendo unha morea de incienso e loubanza o General de "Caudillo". Bueno pois miren por onde, na atualidade as Cabalgatas en algunhas cidades galegas, desterrando a parte boa, avivecen as malas, vexan senon a lectura de un dos Reis, que o igual que fai setenta anos, seu pregón non foi mais que un puro alago e gratitude  as primeiras autoridades. Teño que dicir, que a partir dos anos cincuenta, principiaron a tomar parte en estas e outras festas, os xefes de protocolo dos Concellos, os cales trocaron en millora e seriedade istes eventos, pero como  o bo dura pouco, a mediocridade erguida e amarrada o carro da democracia, deseguida desbaratou a parte boa que estas festas tiñan.