Cartas al director

De Reis e Cabalgatas (e II)

 Entrando na Praza Maior en Ourense, por as rúas de Lamas Carbajal ou Pontevedra, a dereita e mesmo na cabeceira do soportal, tiña seu posto de venta de xornais o Eladio; con certeza moitos da miña idade o lembraran, roldaba este traballo co de limpiabotas e de cando en vez, con vozarrón forte e potente, pregoaba os nomes dos xornais, rematando sempre con un "O Heraldo". Seu berro escoitábase, dende a Praza das Damas a Alameda e dende Santa Eufenia a Barreira, os estudantes que íamos o Instituto do Posío, a miudo tratabamos de arrendalo pero naide de nos acadaba o cume do seu berro. Bueno pois aquel abouxante vozarrón, tiña bastantes menos "decibelios" en comparanza a voz de un moi grande amigo, correlixionario, persoa excelente e membro da Comisión de Festas, da cal fumos componentes baixo a "batuta" de Manolo Rego.
Quixeran moitos barítonos e tenores sua podencia de voz; sin esforzo ningún, por moito barullo, algarada e griterío; fose en bares,campo de fútbol o calquer outro lugar, a súa oíase por riba de todas as demáis.
Aquela comisión, unha das labouras que tiña, entre outras, organizar as festas de fin de ano e Reis, non bou esmiuzar a tramoia que, pra esto cumpría; somente espoñer algunha curiosidade da Cabalgata. No día da sua festividade, saían duas parexas de Reis Magos, desdobramento obrigado, pois ese día, tiñan que visitar e dar xoguetes a nenos dos asilos,visitar enfermos no Hospital, logo a Cadea levándolles tabaco e roupa, de alí o psiquiátrico de Toen, roldando todo esto na percura de compracer a pais, que pedían visitar a fillos enfermos. Esta festividade os meniños, protagonistas de ela, poñen tal ilusión, fé e cariño nos Reis, que non tomala en serio e trucarlle, pareceme unha verdadeira barbaridade. Un ano tocounos ir na Cabalgata o Presidente das festas, como Rei Melchor, a min como Rei Gaspar e este amigo, de tan varuda e forte voz como Rei Baltasar; montados en cabalos, cedidos amabremente por a Garda Civil, arrancamos dende o parque de San Lázaro ata a Praza  Maior, entre bengalas, música, bombas e demáis, o cabalo do Rei Baltasar encarbritouse de tal modo que non fo posibre montalo, polo que o Rei tivo que faguer o traxecto a pe, saudando, lanzando caramelos a esgalla e recollendo cartas de centos de meniños chegou a Praza Maior. Nas escaleira baixo o soportal do Concello, as mozas da Sección Feminina faguían un Belén vivente, a Virxe, unha mociña nova e recén nai. 
Os Reis chegabanse o Belén pra faguer as obratas o neno, así que botando pe a terra, e por orden de xerarquía ou idade, Melchor o primeiro, ante micrófonos e periodistas, ofrecíalle ouro o Neno que "desde lejanas tierras de la Mesopotamia, siguiendo la estrella que nos guía a Tí, vengo ofrecerte este símbolo de riqueza y poder", logo eu, Rei Gaspar, ca misma cerimonia, escrita nun papel pra non trabucarnos, ofrecíalle incenso "procedente de los Edenes perfumados que bañaban los ríos Tigris y Eufrates", e por último a obrata do Rei Batasar; así que cando se acercou o Neno de rodillas ante El, meteronlle diante dos fuciños o micrófono, e, no seu comezo espetoulle tal "Niño Jesús; que sua voz estrombou en toda a Praza Maior, o miniño medio dormido, espertou con tal susto e pranto, que non se alcontraba forma nin maneira de calmalo...
Poios eu, non sei, si asustado aquel catavís quedou mudo... pero ¿xordo?