Aplíquense o conto

Aplíquense o conto

 Quen non coñece, en Ourense, a estrada que comenzando no xardín do Posío, da servicio as bisbarras dos Concellos de Barbadas, a Merca, Celanova, Bande e máis; morrendo por as terras de Lobios e Entrimo, terras somente desachegadas da Nación veciña, por unha risca coñecida por "a raia seca". Pois ben esa estrada, en toda sua lonxitude e amplitude das ditas bisbarras, foi berce de milleiros de músicos e abandosas Bandas de Música, con moita sona en toda a nación galega e fora de ela. Na estrada, en todo seo percorrido, alviscas, frotando no ar un arrecendo, de notas musicais saídas de un clarinete, oboe, sasofón, flauta, etc., Que alguen despois da sua angueira no bacelo, acariña suas teclas.
Dar acordanza ou memoria de todos iles, músicos e bandas, comprirían tres ou catro grosos libros; ainda que compre aperceber, que en este eido, xa se leva espallado moito, pero sen chegar a manchea.
Eu, nomais vou testar arredor de unha anecdota, que a pesares de coñecida, compre recordar de cando en vez.
De entre os moitos Direitores que estas Bandas tiveron, adianta ou destaca un; que sua sabeduria e xeito, elegante batuta, pacencia, homildade e mesmo tempo que xenio, músico hasta o miolo encumou de grande sona toda canta Banda dirixiu, os aprausos e premios logrados; moi deseguida figueron que este home acadara tal popularidade, que en calquer curruncho de aldeia ou vila que, por él preguntaras, daban razón e coñecemento; popularidade, que seu alcume, O Ruca, axudoun a medrala mais, dando pé, tal sona, a moreias de ditots e contos que trabucan a verdade.
E un de eles, argallada ou verdade, que a él lle opoñen, foi que en un ensaio na traseira de un bar, dispois de oito ou dez intentos de axuntar a peza elexida, ante a imposibilidade e con moito cabreo, dirixiuse os músicos, pregou silencio e dixolle: "Mirade, paso de que non lle fagades caso a batuta, non me importa que un toque en clave de Fa e outro en clave de Sol, tampouco me importa que desafinedes, paso que entredes a destempo, e tamen se non levades o ritmo, dame igual si "pifiades" e paso de que non sosteñades ou cambiades a nota". "Pero por favor, carallo, tocade todos a mesma peza".
Señores ministros, deputados, senadores, alcaldes  e demais parafernalia adicta e con marchamo de trepadores en política, apliquense  o conto.