Cartas al director

en galicia, hai apetito e non fame?

n  n  n "A probeza non é medida só polo rendemento insuficente; manifestase no acceso restrinxido a saúde, educación e outros servizos esenciais, moitas veces na negación ou abuso a outros direitos fundamentais”. (Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU).
Na pasada data do 17 diste mes, a ONU ven de acordar o Día Internacional pra erradicación da probeza. Co gallo da debandita celebración a EAPN Galicia (Rede Galega contra a Probeza) constata no seu informe que un de cada catro galegos está no risgo da probeza ou exclusión social. Son 702.000 galegos, o 25,7% ,  cifras referidas ao ano 2.015, representando un crecemento de 106.000 persoas que no ano anterior. O informe foi presentado na sede do Valedor do Pobo. Asistiron algúns políticos creendo  que aquelo era un ambigú gratis.
Hai un 4,8% da poboación galega, uns 132.000  habitantes arrumbados na probeza severa, cuns rendementos por debaixo dos 332 euros ao mes. Arripiante é a porcentaxe da probeza  e  exclusión nos xóvenes, o 37,8% deles, ou de nenos, o 27,6% ou con familias mnoparentais, nas que un só membro (maioritariamente a nai) e o responsable dos fillos.
Estiveron no acto varios colectivos que esixiron nun manifesto unha Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) decente, axil, primando a xente e non os papeis; unha vivenda digna; un ensino público e gratutio, onde os libros sexan propiedade do centro educativo, e axustar a educación a demanda laboral cunha formación de calidade. Apostar por unha sanidade universal pública incrementando medios materiais e humáns.
Pediuse elevar o SMIl ata 1.000 euros mensuais. E outras máis propostas. Quedome co corolario. Facer auténtica política social. Combatila pobreza con medidas mais aló dunha ineficaz e pasaxeira beneficenza. Prégolle Sr. Núñez Feijóo unha cura de humildade.
Saiba cos milagres, coma os que fai San Benitiño de Lérez ou, cecáis, meu San Bertolomé da Freixa, non existen na economía.  Non lle adique tantos cartos públicos pra que os medios de comunicación tiren do seu botafumeiro adulador.  Non me saia por regueifas decindo que en Galicia non hai fame, se non apetito. Apetito nas paparotas, charangas de gaitas e cumbias, subvencionadas. Adiquese a facer política social seria pra aqueles en risgo da probeza e inclusión social. Pra persoas, que habelas hainas. Rexeito os seu obxetivo do cumprimento do deficit, creando emprego miserable, que, segundo vostede e a sua tropa de incorruptos coma o brazo de Santa Teresa, trae riqueza. Leva xa moito tempo  gobernando pra  poderen desmentir os feitos reseñados no debandito encontro. Nosos  veciños lusos dín que o que é, é.