XORNAL ESCOLAR

Laboratorios de radio nas bibliotecas escolares galegas

Varias iniciativas son de nova incorporación este curso, mentres que outros 20 centros educativo continúan tras desenvolver esta iniciativa como proxecto piloto da Consellería de Educación da Xunta.

Conta en total con 50 centros na comunidade galega.
Conta en total con 50 centros na comunidade galega.
Laboratorios de radio nas bibliotecas escolares galegas

Un total de 22 centros educativos da provincia de Lugo (50 en toda Galicia) contarán este curso cun laboratorio de radio na súa biblioteca escolar a través do programa Radio na Biblio, impulsado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Deles, 14 son centros de nova incorporación neste curso 2018/19, mentres que os outros 8 continúan tras desenvolver esta iniciativa como un proxecto piloto no curso 2017/18. Todos eles forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe). Para seleccionar os centros a Consellería tivo en conta a valoración acadada pola memoria da biblioteca do pasado curso 2017/18 (polo proxecto presentado, no caso dos centros que
se incorporaron ao Plambe este curso) e a localización xeográfica dos centros, dando prioridade aos que se atopan en concellos do ámbito rural. O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias
informacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedade actual. Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como “centros creativos de aprendizaxes”, tal e como establece o Plan Lía 2016/20. Asemade, búscase ampliar as linguaxes presentes na
biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo da comunidade educativa. Neste sentido cómpre sinalar que a posta en marcha de iniciativas de radio en centros educativos ten demostrado ser unha boa ferramenta para xerar dinámicas de comunicación, de apoio aos proxectos do centro, dos traballos elaborados
polos alumnos, etc.
Os centros que se incorporan neste curso ao proxecto son o CEIP da Torre-Cela (Bueu), o CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados), o CEIP de Seixo (Marín), o CEIP de Seara (Moaña), o CEIP Pena de Francia (Mos), o CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio), o CPI
Domingo Fontán (Portas), o CEIP de Laredo (Redondela), o CEIP Plurilingüe Nantes (Sanxenxo), o CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda), o CEP Pedro Caselles Beltrán
(Tomiño), o CEIP Plurilingüe Tui (Tui), o CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo (Valga) e o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).
No caso dos centros que xa desenvolveron o proxecto no curso 2017/18 e continúan no presente son o CEIP de Agolada (Agolada), o CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade), o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro (Crecente), o CEIP de Figueroa (A Estrada), o
CEIP Valle-Inclán (O Grove), o CEIP A Lama (A Lama), o CRA de Meis (Meis) e o CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal). 
Esta iniciativa enmárcase no desafío número catro do Plan LÍA 2016/20, referido ás alfabetizacións múltiples, con medidas destinadas á mellora das capacidades lectoras do alumnado e no desafío número cinco da mesma estratexia, vencellado ás competencias
AIFIN/AMI (alfabetización informacional/alfabetización mediática e informacional). Neste sentido, o Plan contempla como medida concreta a posta en marcha dun programa de radio escolar vincu