XORNAL ESCOLAR

"O club de ciencia" promove o espíritu científico na escola

20190121202306866
photo_camera Un total de 28 centros educativos públicos da provincia de Pontevedra

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital 2020 co obxectivo de fomentar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre os estudantes.

Un total de 28 centros educativos públicos da provincia de Pontevedra (19 máis que o curso pasado) desenvolverán durante o presente curso o ‘Club de ciencia’, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.  Esta acción -que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020-  chega este curso a un total de 91 centros de Toda Galicia (44 centros da Coruña, 10 de Lugo, 9 de Ourense e 28 de Pontevedra), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26514 .
Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.500 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas. Este é o terceiro ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 en 2 centros de Pontevedra. O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.  O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións.

Te puede interesar