Vigo

Xunta e Universidade sellan o acordo para traer o Pergamiño Vindel a Vigo

_PHG1826
photo_camera O rector e o conselleiro de Cultura asinaron o acordo.

 Nun acto que tivo lugar na praza do Reitorado, presentouse o lema, Un tesouro en sete cantigas, que acompañará a chegada do documento medieval dende Nova York ao Museo do Mar en outubro.

O reitor Salustiano Mato agradeceu "os folgos de todos para acabar este proceso" que asegurou, forma parte da "identidade como pobo galego". Para la súa banda, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, tildouno de " proxecto de país" e afirmou que o Pergamiño "por fin volta a súa casa!". Na ceremonia de presentación tamén participou o alcalde Abel Caballero qurn rehusou entrar en polémica co intento fallido amosar o Vindel no Marco: " As cantigas de Martín Códax veñen a Vigo e eso é o que importa, correspondíalle á Universidade facer este trámite, polo que a felicito, e agora o Concello estará aí, e de que forma!, ofrecendo o apoio á Universidade"

Te puede interesar