vigo

A Xunta ultima o sistema de venta anticipada de billetes para o verán

A praia das Rodas foi unha das primeiras paradas da expedición escolar.
photo_camera A praia das Rodas foi unha das primeiras paradas da expedición escolar.

A Consellería de Medio Ambiente Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) seguen a traballar na aplicación informática de reserva de billete para a venta anticipada da temporada alta, xa que polo momento só se pode comprar pasaxe para abril e maio.

Román Rodríguez, aproveitando a súa visita de onte, asegurou que se está avanzando para lograr un sistema operativo que controle a venta limitada de pasaxe (2.000 visitantes por día). Por outra banda, o conselleiro informou que a candidatura á patrimonio natural da Unesco de Cíes-Illas Atlánticas va por bo camiño: “Xa se mantiveron reunións cos responsables da Unesco para establecer non só os trámites administrativos, senon tamén para a posta en valor da contorna”. Insistíu que ésta “é a única candidatura”, que se ben, Cíes supón a aportación fundamental, tamén inclúe a Sálvora, Ons y Cortegada, “dos tres patrimonios naturais da Unesco que hai en España, os tres son Parques Nacionais, xa que como Illas Atlánticas, é unha unidade de xestión, é unha candidatura de inclusión, que implica a todos os concellos das illas”, indicou. Destacou que agora atópase na segunda fase: “Hai que demostrar que esto es un paraíso”.n

Te puede interesar