vigo

Vigo reclama o vencello con Rosalía de Castro e co Rexurdimento

Xurxo Martínez, no centro, iniciou o routeiro na oliveira do Paseo de Alfonso.
photo_camera Xurxo Martínez, no centro, iniciou o routeiro na oliveira do Paseo de Alfonso.

O venres 24 celébrase o nacemento da poeta e na cidade organízanse unha serie de actos que reivindican a súa relación

n n n “Rosalía de Castro vivíu tan só uns meses en Vigo, pero o vencello entre a cidade e a poeta é moi forte dende un punto de vista simbólico, xa que Vigo foi o epicentro do Rexurdimento, favorecendo que ‘Cantares Gallegos’, a primeira publicación en galego, tivera lugar aquí”. Así, Xurxo Martínez, filólogo especialista na época, puxo en evidencia a importancia que a cidade ten neste fenómeno fundamental na historia de Galicia: “Había un Vigo obreiro e mariñeiro, pero tamén tiña unha importante tradición cultural; era unha cidade cunha burguesía que propició as ideas liberais”.
Onte, cun routeiro polo Vigo do Rexurdimento, guiado por Xurxo Martínez, deu comezo o programa polo Día de Rosalia. O percorrido, con sete paradas, iniciouse na na oliveira do Paseo de Alfonso, símbolo do escudo. A comitiva baixou ata a Praza do Peñasco, onde se separaba o Vigo popular do Berbés coa clase burguesa, na rúa Real. Neste punto, falou do poema inspirado nas pescantinas de Aurelio Aguirre, amigo de Rosalía. Na súa repentina morte moitos críticos xusfican a temática de “Negra Sombra”, os versos da poeta de Padrón.
De aí partiron cara a rúa Chao, para lembrar aos irmáns Eduardo e Alejandro Chao, benefactores da publicación de “La Flor”, de Rosalía en 1957. Moi perto, na rúa Real visitaron a ubicación da primeira imprenta da cidade, a de Pascual Arza, na casa López de Araujo. Uns números máis arriba, atópase o prelo de Juan Compañel, onde saíu a luz “Cantares Gallegos”, de 1863, o poemario de Rosalía de Castro, primeira obra publicada en galego que marcaría o denominado Rexurdimento: “É algo máis que un movemento literario, ten que ver coas artes, coa economía e co ámbito ideolóxico”, apuntou Martínez. Entre a rúa Oliva e Joaquín Yáñez, entón chamada a rúa Imperial, abríu Ángel Lema a súa imprenta en 1948. Xunto a de Compañel, inaugurada tres anos antes, resposta as necesidades da clase burguesa local.
A Biblioteca Central, inmoble que albergou o Casino, servíu para falar de José Ramón Fernández, o seu presidente, quen puxo os cartos para o proxecto de Compañel. A que fora a botica dos irmáns Chao, na rúa Sombrereiros marcou o final do routeiro: “En Vigo había un círculo progresista, amante do país en torno a este familia que sus actos promove o despertar de Galicia”.
A programación de Normalización Lingüística, continúa mañá cunha charla sobre Rosalía no Centro Cívico do Casco Vello e o xoves con actividades escolares no auditorio municipal. Asemade, a asociación cultural O Castro fará unha ofrenda floral o 24 e unha lectura.n

Te puede interesar