vigo

Versos e Camelias por Rosalía de Castro

Ä, tradución a linguaxe de signos dos poemas.
photo_camera Ä, tradución a linguaxe de signos dos poemas.

A Deputación de Pontevedra celebrou un recital reivindicativo pola visibilización do traballo femenino e a abolición "de terribles convencións sociais que se están a vivir aínda na actualidade"

Versos e camelias reivindicaron onte na Deputación a figura de Rosalía de Castro e das mulleres traballadoras na lectura institucional organizada con motivo do Día de Rosalía que se celebra hoxe. Tanto a presidenta Carmela Silva como o deputado de cultura Xosé Leal, acompañados de oito mulleres representantes de diferentes sectores da provincia, aproveitaron o acto para pedir unha maior visibilización do traballo feminino e a "abolición de terribles convencións sociais" que se están a vivir aínda na actualidade.
A presidenta Carmela Silva explicou a escolla do seu poema -'Si a vernos, Marica, nantronte viñeras', de Cantares Gallegos- polo reflexo dun momento de festa "no que desaparecen as trabas morais e a ríxida separación de clases".  Silva indicou que "agora que se acerca o 8 de marzo, e como creo que hai que abolir moitas terribles convencións sociais, quixen elixir este poema da grande Rosalía, porque está hoxe máis viva ca nunca na súa conceptualidade". 
Pola súa banda, o deputado de Cultura Xosé Leal, que escolleu o poema '¿Que pasa ó redor de min?' de Follas Novas, explicou que o acto de lectura institucional do Día de Rosalía organizado polo departamento de Cultura tiña o obxectivo de facer unha lectura da autora reflexando ás mulleres e á sociedade na súa totalidade, non circunscribindo a súa figura ao ámbito cultural e literario. 
“Quixemos facer partíticipes da nosa muller máis destacada nas letras a toda a sociedade e ás mulleres en concreto. As mulleres que puxeron voz hoxe a Rosalía teñen relevancia nos campos nos que desenvolven a súa actividade e débena seguir tendo. Que se visibilice o traballo da muller é importante e nós estamos aquí para valorar o que ten que valorar tamén o resto da sociedade”, subliñou.
Ademais dos versos declamados polos representantes provinciais, tomaron a palabra Eva Mejuto, autora representante da AELG, que leu o manifesto da Asociación para o Día de Rosalía escrito por María Reimóndez. Seguiulle María de los Ángeles Lorenzo Prego, vicepresidenta do Consello Territorial da Once en Galicia e representante da ONCE, que leu en braille o poema ‘Has de cantar’; Belén Romero, avogada que leu ‘Fun un domingo’; a funcionaria do Concello de Redondela Carme Vaquero co poema ‘Estranxeira na súa patria’; Rita Míguez, mariscadora e patroa Maior de Arcade, que leu ‘Cando a luniña aparece’; Luz Gómez horticultora, que escolleu o ‘Nasín cando as prantas nasen; Mª Jesús Monterde, presidenta e representante de XOGA, que signou ‘Unha vez tiven un cravo’; e, por último, Jenny Lores, capitana do Poio Pescamar Fútbol Sala, que leu un fragmento de ‘Castellanos de Castilla’.n

Te puede interesar