verano

Turismo renova o compromiso coa Romaría Viquinga

Nava Castro.
photo_camera Nava Castro.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asinou un convenio de colaboración co Concello de Catoira co que se renova o compromiso do Goberno galego coa promoción da Romaría Viquinga,

unha das festividades galegas pioneira en ser recoñecida Festa de Interese Turístico Internacional.
Esta celebración foi a segunda en obter este recoñecemento hai xa máis de 15 anos e a primeira da provincia de Pontevedra, onde tamén teñen hoxe en día esta distinción a Rapa das Bestas de Sabucedo, o Corpus Christi de Ponteareas e a Festa da Arribada da Carabela Pinta de Baiona. O respaldo da Administración autonómica coa Romaría Viquinga materializouse onte co acto de sinatura dun convenio entre Turismo de Galicia e o Concello de Catoira, en virtude do cal a Xunta achegará 40.000 euros para colaborar na organización.
A directora de Turismo de Galicia Nava Castro puxo en valor a importancia desta festividade porque, como dixo, “está a levar o nome de Galicia, da provincia de Pontevedra e particularmente do concello de Catoira e a Ría de Arousa por todo o mundo converténdose nunha opción turística de primeiro nivel”, indicou Nava Castro.
A Romaría Viquinga –que se celebrará o 5 de agosto- é unha das nove festas galegas de Interese Turístico Internacional. Reúne ano a ano a milleiros de visitantes converténdose nun recurso para a proxección de Catoira, da ría de Arousa e da provincia pontevedresa. Galicia conta nestes momentos con 141 festas que gozan dalgún tipo de interese turístico. 

Te puede interesar