vigo

Sorpresa teatral no autobús

Mercedes Castro (en primeiro plano), Alfonso Agra e Federico Pérez na súa intervención onte no C3 durante o seu percorrido por García Barbón, sorprendendo aos viaxeiros do autobús.
photo_camera Mercedes Castro (en primeiro plano), Alfonso Agra e Federico Pérez na súa intervención onte no C3 durante o seu percorrido por García Barbón, sorprendendo aos viaxeiros do autobús.

Os actores Alfonso Agra, Mercedes Castro e Federico Pérez protagonizaron onte unha intervención no medio dunha viaxe do autobús para promocionar a obra “Get back” que estará mañá e o sábado no auditorio municipal

nnn “Esto é para unha película”, “En qué tele imos saír?”, “Anda! Ti es o do programa da TVG ‘Era visto”. Así reaccionaron os vigueses sorprendidos onte cunha representación teatral en pleno autobús tralo abraio dun primeiro momento.
Eran as once da mañá e o C3 con destino á Praza da Industria chegaba á primeira parada de García Barbón. Na parte dianteira do autobús, un home con traxe (Alfonso Agra) recriminoulle en voz alta o comportamento pouco adecuado á unha muller que bebía da súa petaca. A conversa subíu de tono e acabou en discusión, sen inmutar ao conductor. Os viaxeiros mirábanse uns os outros e seguían a escea. Non tardaron moito en aparecer os primeiro móbiles para inmortalizar o momento. Pouco despois, otro home (Federico Pérez) sumábase á representación. Entón, xa estaba claro que non se trataba dunha liorta normal. As cámaras dos fotógrafos de prensa comenzaron a disparar. Apenas durou uns minutos e a actuación acabou cun aplauso. “Se queredes ver o final da historia, estamos este venres e o sábado no auditorio municipal; ese xunto a Abel Caballero, sóalles este señor?”, preguntaba Federico, mentras repartía tarxetas publicitarias.
“Estivo ben, aínda que resultou moi curto”, comentaban os actores, xa unha vez fora do autobús. Xunto a Tamara Canosa e Miguel Guido representarán en Vigo este fin de semana “Get Back”. É unha obra ambientada no metro de Londres, cando por unha avería, cinco ocupantes dun vagón quedan pechados, xuntos. Mentres os rescatan teñen tempo de se coñecer. Son catro galegos, emigrados, e un inglés. Sobre un texto de Camilo Franco, pretende abordar os problemas de hogano. “Fan falla este tipo de obras, que afronten os problemas actuais, porque xa chegan de adaptaciones de Shakespeare”, apunta Federico, que se mete na pel de Rafa, un informático a quen por fin lle chega a oportunidade de traballar no seu. 
Gran parte do elenco é coñecido pola súa aparición na televisión, algo que para Alfonso Agra non supón un problema. “É positivo porque se a xente nos coñece ven máis ao teatro”. E é que este xénero segue en crise, segundo os propios actores. “Traballamos en precario, con esta montaxe non poderíamos ir a taquilla, polo que é de agradecer a aposta do Concello de Vigo”, sinala  Mercedes Castro, que ademais de interpretar a Lola (unha emigrante amargada) forma parte de EME 2, a productora que está detrás de “Get Back”. En Vigo agardan unha boa resposta porque “o público é fiel”.n

Te puede interesar