ANTONIO BARROS Gañador de “Recantos”

“Para soportar o ritmo os membros das orquestras case somos deportistas de élite”

Antonio Barros combinará a orquestra coa súa carreira en solitario.
photo_camera Antonio Barros combinará a orquestra coa súa carreira en solitario.

 Antonio Barros foi unha das persoas máis ovacionadas este venres en Galicia.

Tras meses de competición, o considerado vigués, aínda que nado en Mos e residente en Porriño, fíxose co trofeo do concurso musical “Recantos”, do programa “Luar”, fronte á compostelá Ruth. Pasada a resaca do triunfo, onte botou balance para os lectores de Atlántico.

Por fin chegou a final e gañou. Fíxose longo o proceso?
Dá pena que se acabe, pero tivo un final inmellorable. Sorprendeume moito a repercusión que espertou, xa que me considero un ‘pezqueñín’ e ver como a xente se identificou comigo estos dez meses, foi unha experiencia realmente incríble.

Foi un concurso longo, pero parece que había boa relación entre os aspirantes.
De competitibidade había menos cen. Tiñamos un ambiente exquisito, onde había moito compañerismo e normalidade. Lévome do programa 22 amigos. A Ruth, con quen cheguei a final só a coñecía de cantar en verbenas e descubrín a parte máis persoal.

Este premio se suma a un palmarés moi significativo.
Levo tido sorte no tocante aos premios. Ao gañar o de karaoke en Salvaterra, que foi a miña primeira aparición pública, abríu portas, e o ano pasado recibín o recoñecemento do público de Valga co premio ao mellor cantante de orquestra.

Ata agora ten enfocada a súa carreira cara ás orquestras. Como se vive de verbena en verbena?
Dá máis alegrías que penas. No tocante ás relacións familiares é duro, porque se perde moito. Paso o verán durmindo polo día e traballando pola noite. No meu caso teño sorte porque a miña muller tamén é cantante e coñece a profesión.
Precísase unha preparación especial para o levar ben?
Máis que preparación, precísase ter unha vida sana para soportar o ritmo que esixe. É imprescible unha preparación física y psicológica. Os membros das orquestras case somos deportistas de élite.

Como foron os seus comezos?
O primeiro que me ensinou a cantar foi o meu avó, que tamén se chamaba Antonio. Logo fun un pouco autodidacta ata 2014 que comecei a ir a clase de canto e entrei na coral polifónica O Son dos Cantares, onde coñecín a que agora é a miña muller. Teño a ventaxa de ter a profesora na casa.

A partir deste premio, cales son os seus proxectos profesionais?
Vou seguir na orquestra Kubo, xa que teño moi boas condicións que permiten compatibilizar o meu traballo en solitario, xa que me interesa facer outras cousas amais das verbenas. Ademais cumprimos o segundo ano coa escola de artista “ÉmocionArte” e estamos moi contentos co seu funcionamento.

Como solista, en que estilo encaixa?
Gústanme as baladas románticas e os boleros. Son dos temas clásicos afincados entre los 70 e 80 con artistas de referencia como Nino Bravo, Camilo Sexto o Luis Miguel. O que máis me interesa son as cancións cunha carga emocional grande.

Te puede interesar