verano

Sara Hebe, Voodoo, Auxili e Duendeneta en Revenidas

Revenidas en Vilaxoán que hoxe chega á súa fin.
photo_camera Revenidas en Vilaxoán que hoxe chega á súa fin.

O día dará comezo coa apertura da Feira Revenida no Parque de Dona Concha, que estará funcionando dende as 10 horas

O festival Revenidas afronta hoxe domingo a súa última xornada. O día dará comezo coa apertura da Feira Revenida no Parque de Dona Concha, que estará funcionando dende as 10 horas ata as 22 horas, e que alberga diversas propostas nas que o talento, a creatividade, a innovación, as figuras emerxentes no mundo das artes, moda, xogo e cultura son as protagonistas.
O "Chasula", a embarcación tradicional que surca o festival pola Ría de Arousa, continuará navegando coa música de Xurxo Souto (ás 13 horas e ás 15 horas) e de Ugía Pedreira e Pierrot Rougin (ás 17 horas) en tres sesións con entradas esgotadas e ás 13 horas todos os que se acheguen ata o Parque de Dona Concha en Vilaxoán gozarán dunha sesión vermú de acceso gratuíto coa música de De Vacas e as súas frescas versións de temas coma o “Gagnam Style”, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló ou o “Despasito” de Luis Fonsi.
Trala apertura de portas do recinto dos concertos de pago (que terá lugar ás 17.30 horas) a arxentina Sara Hebe fará parada en Galicia dentro da súa xira europea para ofrecernos os seus ritmos que mesturan rap con punk, rock, funk carioca, e ata cumbia; Voodoo presentaralle ao público do Revenidas a súa fusión de estilos que se moven entre o Acid Jazz e o Soul, entre o R&B e o Rock; Auxili chegará por primeira vez a Galicia con “Instants Cremant”, o seu último traballo, un disco máis personal íntimo, positivo e versátil con dez cancións nas que atopamos letras baseadas en diferentes momentos, estados de ánimo e o día a día. Pasado o ecuador da noite, dous dos grupos máis internacionais esperados desta edición, os cataláns Txarango e os húngaros Bohemian Betyars, porán os acordes finais a un Revenidas que rematará coa proposta musical 100% galega que virá da man de La Duendeneta. 

Te puede interesar