vigo

“Sabíamos que Anaya ía a apostar pola continuidade”

Fran Alonso, director de Xerais, co seu antecesor ao fondo.
photo_camera Fran Alonso, director de Xerais, co seu antecesor ao fondo.

Con 26 anos na casa, Fran Alonso é o novo director de Edicións Xerais, tomando o legado deixado por Manuel Bragado

Fran Alonso (Vigo, 1963) pertence ao cadro de persoal de Xerais desde 1992, onde desempeñou diferentes funcións no ámbito editorial e dende 2001 exercía de subdirecto. Anaya, propietaria da editorial galega, deu a coñecer onte o seu nomeamento como novo director, posto que quedou vacante trala marcha de Manuel Bragado hai oito días. Alonso afróntase ao novo cargo cunha visión moi clara, tal e como el mesmo anuncia: “É moi difícil compararse co inxente labor de Bragado na editorial, eu teño un estilo propio, coa miña concepción da edición, máis levo todos estes anos traballando con el, polo que temos sensibilidades semellantes e seguirei por ese camiño, aínda que hai cousas que se van a renovar”.

O seu nome estaba en boca de todos como novo director. Era consciente? 
Tratouse dunha decisión do grupo, aínda que sabíamos que ía apostar pola continuidade.
Pero o mundo do libro ten mudado moito nestes anos. Cales son os retos aos que se enfronta?
Hai que adaptarse aos novos tempos, cun equipo moi cohesionado, que non ten que ser moi grande, e cunha relación achegada cos autores que son os nosos fornecedores de contidos. É certo que o paradigma do libro ten cambiado, pero a imaxe da editorial está consolidada.
Nesta nova etapa, manterase a autonomía de Xerais fronte ao grupo Anaya?
O que queda claro é que con este nomeamento, o grupo aposta clarisimamente a continuidade e a liña que se viña desenvolvendo. Ter o apoio de Anaya é fundamental para as reformas nestes tempos de declive económico e maior precariedade, anos nos que a facturacións baixou pola crise e polas cambios nas adquisición de libros de texto. 
Trala marcha de Bragado, un sindicato acusou a Anaya de ter iniciado un proceso de despidos. É certo?
Non teñen representación na editorial. En todo caso sería unha decisión dos propietarios e dunha etapa anterior, polo que non teño nada que dicir. Imos comezar coa seguridade de que somos capaces de renovarnos.
Cal será a súa primeira decisión como director?
Primeiro teremos que facer unha reorganización interna e ir asumindo as novas responsabilidades. Ata aí non haberá nada apreciable dende o exterior.

Te puede interesar