vigo

Premio nacional a unha investigadora de Minas

María Veiga.
photo_camera María Veiga.

A Sociedade Española de Mecánica de Rochas acaba de entregar os seus premios anuais e, entre eles, distinguiu cunha mención honorífica ao mellor traballo de investigación de investigadores novos a tese de doutoramento Deseño de muros tradicionais de contención de granito en seco realizada pola investigadora María Veiga e dirixida polo profesor Leandro Alejano, do grupo de investigación Explotación de Minas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. “Recibir esta mención é unha satisfacción grande, pois valora un traballo ao que lle dediquei varios anos, ademais, vén dunha entidade de ámbito nacional e do prestixio da SEMR”, explica.
 

Te puede interesar