vigo

Premio da Real Academia de Ingeniería a unha viguesa

Belén Riveiro.
photo_camera Belén Riveiro.

A investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas e docente da EE Industrial Belén Riveiro é unha das premiadas  pola Real Academia de Ingeniería e recibiu este martes en Madrid unha medalla Juan López de Peñalver.

Segundo se recolle no fallo do xurado, a docente da Universidade de Vigo é merecedora desta distinción “polas súas contribucións á aplicación de técnicas xeománticas á monitorización dimensional estrutural de estruturas de enxeñaría civil e construción, así como aplicacións de modelado 3D en cidades intelixentes”. Ademais da actividade investigadora “despregada a nivel internacional”, engaden os membros do xurado, “valorouse especificamente o elevado número de patentes en explotación no seu haber”. Riveiro amósase satisfeita por esta distinción, “tanto polo significado que ten o premio, como por ser un recoñecemento ao traballo que tanto eu como os meus compañeiros do grupo de investigación vimos facendo nos últimos anos”, polo que está “particularmente agradecida” á Real Academia de Enxeñería por este galardón que valora “a traxectoria profesional no seu conxunto”. Riveiro chegou á Universidade de Vigo en 2006 para realizar a súa tese na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía. Tras exercer como docente Newcastle University,  en 2012 incorporouse de novo á Universidade de Vigo. n
 

Te puede interesar