vigo

“Poño o medo diante da xente para que reaccione”

Artista e politólogo Xabier Vila- Coia fala dos medos sociais e propios.
photo_camera Artista e politólogo Xabier Vila- Coia fala dos medos sociais e propios.

O vigués Vila- Coia presenta a súa obra na Feira do Libro de Coruña

 “Os medos” é o título do último libro de Xabier Vila- Coia, autor de “213 Aforismos para el sigloveintiuno”. Este sábado preséntao na Feira do Libro de Coruña. A través de imaxes, composicións e palabras, propón unha obra a medio camiño entre a arte e a literatura, concebida no que o autor da por chamar “antropoloxía visual experimental”.
Formadas por 25 ilustracións que xiran ao redor do medo a morte, simbolizada por una caveira  dun individuo sen nome, obtida dun osario común. “Poño o medo diante da xente para facela reaccionar, reflexionar”, indica o autor, que pretende deixar patentes inquedanzas das que non se adoita falar.
Afincado en Madrid dende hai décadas, Xabier Vila engadíu o seu nome a toponimía da parroquia onde naceu “antes de que convertirá nun barrio”. Asegura que no seu DNI figura Coia como lugar de nacemento. “Conseguín que o incluirán porque iso é o que pon na miña partida de nacemento”.
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Complutense de Madrid, Premio Nacional de Terminación de Estudios Universitarios e doutorado en Antropoloxía Social, o sempre polémico artista e politólogo négase  a dar o seu ano de nacemento: “Nunca digo cantos anos teño, a miña estatura ou o que peso; son datos confidenciais”. Sobre o seu tema do seu traballo asegura que  “os medos dependen de cada sociedade, en Galicia sempre están relacionados coa morte porque se fala dela a todas horas; en Madrid se omite, parece que alí non morre nunca ninguén; logo tamén hai medos propios de cada época, como a sida, a enfermidade que atemorizou a xente nos 90 e que aínda pervive na actualidade”.
Pero o discurso de Vila- Coia tamén fai referencia á política e ás manobras de manipulación. “Hai anos interesaba difundir o perigo dunha guerra mundial, pero agora o medo que divulgan os políticos está relacionado coa independencia de Cataluña”, afirma.
“Os medos” é séptima obra de Xabier Vila - Coia. Publicada en galego pola Lapinga Ediciones, está traducida ao catalán, castelán e inglés.n

Te puede interesar