VIGO

Poema Ría perpetúase ao pasar os seus versos a papel

Carmela Silva representou o recital na presentación do libro PoemaRía.
Carmela Silva representou o recital na presentación do libro PoemaRía.
Poema Ría perpetúase ao pasar os seus versos a papel

nnn A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto cos directores de “PoemaRia”, Patricia Sánchez e Keith Payne, presentou onte o primeiro libro do festival, que recolle todos os poemas que formaron parte da primeira edición do encontro realizado na cidade no ano 2016.
Carmela Silva aproveitou a presentación da obra para enxalzar os obxectivos de PoemaRia, no que se visibiliza e recoñece o papel das mulleres creadoras de poesía, tantas veces silenciadas: “Unha sociedade que se precie ten que amar, defender e promover a cultura e particularmente a das mulleres, silenciadas durante tantos séculos, e obrigadas incluso a suplantar as súas firmas por nomes masculinos; actualmente hai un número enorme de mulleres que escriben e que son recoñecidas no mundo da cultura, pero descoñecidas para unha grande maioría da cidadanía”, subliñou.
De feito, o festival naceu no ano 2016 co obxectivo de dar a coñecer os poemas de artistas locais e internacionais en Vigo pero facendo fincapé nas voces femininas. Ata o momento, pasaron xa polo festival Yolanda Castaño, María do Cebreiro, María Sánchez, Luz Pichel, Filipa Leal, Estíbaliz Espinosa, Carmen Camacho, Antía Otero, Ana Luísa Amaral ou María Reimóndez, entre outras grandes escritoras.
Silva insistíu que “visibilizar a poesía fai mellores aos seres humanos e que Poemaria se transformara nun libro é algo máxico, convértese nalgo eterno”. A primeira edición do festival está editado cunha portada deseñada polo artista vigués Fredy Fernández.n