CAUSAS DE MUERTE

“A perda da esperanza de vida dos fumadores é de 14 anos”

Xulio Castañal Canto é especialista en tabaquismo.
photo_camera Xulio Castañal Canto é especialista en tabaquismo.

En Galicia morren cada día dez persoas por enfermidades relacionadas co tabaquismo

nnn Xulio Castañal é médico de familia en Gondomar, ten un máster en tabaquismo e leva anos ocupándose dos fumadores.
Cantas enfermidades pode provocar o tabaco?
Nos países desenvolvidos, o tabaquismo é a primeira causa de mortalidade prevenible. En España morren cada ano 55.000 persoas por esta causa. Na Galiza cada día 10 persoas fallecen por enfermidades directamente relacionadas co consumo de tabaco. A evidencia científica demostra que a lista das enfermidades que provoca o tabaco aumenta cada pouco tempo. Dividimos en tres grupos as enfermidades relacionadas co tabaco tendo en conta a mortalidade que provocan: tumores malignos, enfermidades cardiovasculares e enfermidades respiratorias.
O tabaco conduce sempre a problemas de saúde?
A perda de esperanza de vida dos fumadores é de 14 anos como media. E dos que morren en idades medias (35-69 anos) de 25 anos. Das persoas que comenzan a fumar na adolescencia e seguen fumando toda a vida, o 50% morrerán como consecuencia do tabaco. Dende logo hai un componente xenético que fai que uns fumadores sexan máis susceptibles que outros ao tabaco, pero desgraciadamente non sabemos de momento como detectar esto. Os antecedentes de enfermidade dos familiares directos nos pode dar unha pista desta susceptibilidade. Lóxicamente, para as enfermidades respiratoria sí hai unha relación co número de cigarros que se fumen pero en outras como as cardiopatias resulta menos determinante o número. De todos xeitos reducir non resulta unha opción valida. Moitas veces aínda que se fumen menos cigarros, inconscientemente se fuma con máis ansiedade dando máis caladas e máis profundas para que a cantidade de nicotina en sangue siga nos niveis previos á reducción.
É difícil deixalo?
O tabaquismo é un trastorno adictivo crónico e a recaída é parte do proceso de deixar de fumar. O grado de adicción varía dunhas persoas a outras, as veces non depende do número de cigarros que fumen.
Qué técnicas usa na consulta?
Técnicas cognitivo conductuais, onde se aprenden unha serie de ferramentas para superar o mono xunto con fármacos de probada eficacia que conseguen máis éxitos. Unha e outra son complementarias. Traballamos fundamentalmente a prevención de  recaídas. O tratamento dura un ano con consultas semanais no primeiro mes. Hai dúas formas de deixalo: bruscamente ou pouco a pouco.
Qué lle pide á Administración?
As medidas pasan por priorizar a abordaxe ao tabaquismo coma una prioridade absoluta. Precisa, por tanto, de vontade política para invertir de xeito moi rentable na prevención e no tratamento: son medidas lexislativas nas que xa temos avanzado, no aumento do precio do tabaco para que fundamentalmente a xente nova non comence a fumar. Formación para todos os profesionais sanitarios, nomeadamente os de Atención Primaria. Que os fármacos con evidencia demostrada para o tratamento pasen a estar financiados coma calquera outro polo Sistema de Saúde. Publicidade para informar e formar a cidadanía da importancia que ten o tabaquismo activo e  pasivo, para seguir avanzando es espacios libres de fume ambiental. 
 

Te puede interesar