vigo

O pedagogo Francesco Tonucci, recibido na Deputación

Tonucci, onte na Deputación con Silva e Mosquera.
photo_camera Tonucci, onte na Deputación con Silva e Mosquera.

n n n O pedagogo italiano Francesco Tonucci foi recibido na Deputación como inicio dunha intensa semana de actividades. O investigador louvou o traballo realizado dende a Deputación para tratar de estender o ‘modelo Pontevedra’ ao resto dos municipios da provincia e así deseñar cidades e vilas adaptadas aos nenos e nenas, ás persoas en xeral, en lugar de aos coches.  Tonucci indicou que Pontevedra é un modelo que demostra que o que parece unha utopía pode concretarse: “é a cidade, a nivel internacional, que máis en concreto aplicou a idea e que a levou a unha proposta coherente de cambio do deseño das rúas para que favorezan á xente en lugar de aos coches”, asegurou. Neste sentido, subliñou que para poder estender o modelo ao resto das vilas da provincia, ou de calquera outro lugar, cada municipio e goberno debe tomar Pontevedra como un punto de estudio, pero non copiar nada, senón traducir as solucións aplicadas á realidade particular. “Se Roma quere aproveitarse de Pontevedra, é correcto, mais non poden aplicar directamente as decisións porque as dimensións son distintas. Copiar é banal, pero inspirarse é moi importante”. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, recoñeceu que Pontevedra é unha das cidades do mundo onde o proxecto educativo de Tonucci se ten convertido nunha realidade. Pola súa banda, o vicepresidente Mosquera, chama o pensamento de Tonucci “utopía paidocéntrica”: 

Te puede interesar