ANDRÉS SUÁREZ Cantautor galego, presentou o seu primeiro libro

“Non son un poeta, son un escritor de cancións; non sei se este libro está ben, sei que é certo”

Andrés Suárez presentou onte o seu libro na Casa do Libro.
photo_camera Andrés Suárez presentou onte o seu libro na Casa do Libro.

Cantautor galego, afincado en Madrid e con obra en castelán, Andrés Suárez amósase emocionado de poder usar o seu idioma.

“Teño que falar galego, porque dende que estou fóra ando enferruxado”, di, ao tempo que pide expresamente que a entrevista sexa en galego. Estes días fai doblete na cidade, se onte estivo na Casa do Libro para presentar o seu primeiro libro, “Más allá de mis canciones”, hoxe actuará, ás 21 horas, no Auditorio de Beiramar, con case todo aforo vendido. Xa coñecido do público vigués, porén amosa á seguir aos lectores de Atlántico a súa faciana máis descoñecida.

Por que escolleu este intre para publicar un libro?
Son moi indisciplinado, endexamáis pensei que chegaría a o facer. Pero xurdíu o momento, un ano sabático, sen concertos, algo que non me acontecía dende que tiña 14 anos e cumprín os 34. Xa non vou a bares, quedo na casa e deixeime levar pola palabra. No lugar de deixar que veñan as musas, como fago coas cancións, erguín tódolos días ás 6 da mañá, tomaba un café e obrigábame a escribir para que o que digo se faga público. Non son un poeta, agora está moi de moda autodesignarse, mais eu respeto moito aos mestres. Son un escritor de cancións, narro sen rodeos quince momentos que marcaron a miña vida.


Que descobre nun libro que non desvela nas súas cancións?
Enrique Urquijo é un dos autores que máis admiro. El se preguntou como dicir que se volvía vulgar ao baixar dun esceario. Esto é unha homenaxe aos meus, os que sempre están aí; este libro é para presumir de xente, a quen o meu público non coñecía. Eles son os que están abaixo cando saío do esceario.


Acompañan as letras de quince cancións con textos, fotografías e ilustracións, con especial mención ao seu avó e ao seu tío. Que importancia tiveron na súa vida?
Marcárona e cambiárona. O meu tío era un home libre e o meu avó, por quen escribín “Rosa y Manuel”, enfrentouse ao alzheimer. Eu elixo á morte ao esquecemento, pero el levouno con moitísma dignidade. Non sei se este libro está ben escrito, o que sei é que é  certo. Amoso o que son, un galego en estado morriñento permanente.


Tamén aborda os seus inicios na música.
Comecei en Ferrol, tocando en bares e coas vodas, bautizos e comunións. Cando cheguei a Santiago, descubrín que había xente que vivía de contar historias e íalle ben. Empecei a escribir, por eso sempre canto ao vivido e pasado.n

Te puede interesar